Xiaomi lanza internacionalmente os seus últimos produtos insignia
luns, 2 de marzo do 2026
Co gallo do MWC Barcelona está a darse conta de novidades de Xiaomi, pero na práctica estamos ante moi poucos produtos novos, senón que simplemente pasan a ter distribución internacional, despois do seu lanzamento na China e algún outro mercado, dende os que xa podÃan conseguirse de importación a prezos moito máis populares.
Como mostra diso temos que os móbiles da familia Xiaomi 17, presentados en setembro, por fin poden adquirirse con normalidade, pero practicamente dobrando o seu prezo oficial, xa que os Xiaomi 17 máis básicos véndense a 4.499 iuans (561 euros ao cambio) mentres que aquà teñen agora un prezo que parte de 999,99 euros, e no caso dos móbiles Xiaomi 17 Ultra con obxectivo Leica (presentado en decembro) o prezo aÃnda é máis escandaloso, xa que os seus 7.999 iuans (997 euros) tradúcense en 1.999,99 euros.
Pero non todo son incrementos de prezo, senón que a alternativa ao AirTag de Apple, o Xiaomi Tag, que supostamente Ãa ter un prezo de 17,99 euros cada un e 59,99 euros en lotes de 4, finalmente sae á venda por 14,99 euros a unidade e 49,99 euros o lote de 4 unidades, converténdose nun accesorio aÃnda máis atractivo. O localizador é compatible canto coa rede Find My de Apple como da Find Hub de Android.
Outro produto que coñeciamos en decembro era unha baterÃa imantada de 5.000 mAh, que tiña un prezo de 34,99 euros e un grosor de 8,7 milÃmetros, e que nesta ocasión o que presenta é unha versión máis delgada (6 milÃmetros) e claramente orientada ao seu uso en dispositivos de Apple, o que fai que o seu prezo se eleve ata os 59,99 euros nos modelos en cor negra e prata e 64,99 euros no caso da versión en cor laranxa (que claramente busca casar co iPhone 17 Pro Max máis popular). Este produto, con só 98 gramos de peso, ten un corpo metálico e unha baterÃa cunha capacidade de 5.000 mAh que pode cargar un smartphone sen fÃos ata a 15 watts (por cable chegarÃa ata os 22,5 watts), pero que na práctica só achega 3.000 mAh de carga.
