
Á transformación de Xornal.com na web oficial do novo Xornal de Galicia coincide coa 9º aniversario da publicación electrónica que actualmente está situada coma o cuarto diario dixital de Galicia segundo a nosa listaxe coas 100 páxinas web máis populares, e os seus usuarios habituais apenas notarán a transformación do medio, que simplemente substituíu certos elementos gráficos para reflectir o cambio de cabeceira, conservando o seu motor e a súa estrutura, pero abríndose á participación dos lectores, poderán canalizar a través da Internet as súas achegas para a edición de papel e a dixital do novo medio.
Xornal.com tamén permite descargar en formato PDF a portada da edición impresa do Xornal de Galicia (e do seu caderno de lanzamento) e completa así unha transformación que xa se intentara hai 4 anos, que non rematara con éxito (e que tamén tivera unha timida achega ao papel mediante un semanario de balde), aínda que son moitas as dúbidas sobre a viabilidade dun novo proxecto de publicación impresa en Galicia nun momento no que a prensa gratuíta está a desaparecer na nosa comunidade e medios establecidos como La Voz de Galicia lanzan toda unha ofensiva contra esta nova iniciativa argumentando os problemas económicos do Grupo San José (respaldo financeiro da nova cabeceira) e os seus intereses en enerxías renovables.
Xornal.com convértese na edición dixital do novo Xornal de Galicia
Compartir Este Artigo

