YouTube volverá retransmitir o festival Coachella
luns, 6 de abril do 2026
O festival Coachella 2026 poderá seguirse en directo a través de YouTube, cunha proposta que reforza a aposta pola retransmisión global e multipantalla. A plataforma de vÃdeo de Google ofrecerá acceso simultáneo a sete escenarios e incorporará novas funcións orientadas a mellorar a experiencia dos usuarios, tanto en dispositivos móbiles como en televisións.
A emisión arrancará á 1:00 do 11 de abril (en España), e repetirase durante dúas fins de semana consecutivas. A retransmisión incluirá algúns dos principais escenarios do evento, como Coachella Stage, Outdoor Theatre e Sahara, que por primeira vez poderán verse en resolución 4K. Destaca o feito de que as retransmisións dos 7 escenarios realizarase en formato horizontal e vertical, realizándose as filmacións en vertical con smartphones Google Pixel.
Entre as principais novidades destaca a posibilidade de seguir ata catro sinais ao mesmo tempo mediante a función multiview, dispoñible en televisores, que permite cambiar entre diferentes fontes de audio sen interrupcións. Ademais, habilitarase un novo espazo continuo denominado Coachella TV, cunha programación ininterrompida que combinará actuacións históricas do festival con momentos destacados da edición de 2026.
Outra das incorporacións é o reforzo das emisións interactivas Watch With, que regresan na segunda fin de semana e permitirán seguir concertos xunto a creadores e artistas convidados. A isto súmase a integración dunha tenda virtual a través de YouTube Shopping, desde a que os espectadores poderán adquirir merchandising oficial e edicións limitadas directamente durante a retransmisión.
A oferta complétase cunha aplicación especÃfica para organizar a programación personalizada segundo a zona horaria, asà como listas de reprodución temáticas en YouTube Music para descubrir artistas do cartel. Con estas ferramentas, YouTube e o festival Coachella buscan ampliar o alcance dun evento que, ano tras ano, esgota entradas e reforza a súa dimensión global a través da retransmisión en liña.
VÃdeo promocional da retransmisión en vivo do Coachella
