Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo incrementa os seus cursos TIC para maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo incrementa os seus cursos TIC para maiores

Redacción
Publicado: 15/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_lugo_alimentatic.jpgA Deputación de Lugo confirmou esta semana que segue adiante, ampliada, a súa liña de traballo a prol de favorecer hábitos saudables entre os maiores da provincia. Hábitos, moitos deles, directamente relacionados co uso das novas tecnoloxías e os novos dispositivos. Esta nova liña de traballo a prol do envellecemento activo botando man das ferramentas dixitais foi presentada este mércores polo presidente da Fundación TIC e da Deputación, Darío Campos, que achegou detalles sobre o programa de actividades da iniciativa social InLugo no último trimestre de 2016, “que inclúe máis cursos, varias novidades e máis presenza na provincia e na rúa”.
Campos, que estivo acompañado pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou que “hoxe mesmo ábrese o prazo para inscribirse nos 29 cursos gratuítos que se impartirán na sede do InLugo, cinco máis que no trimestre anterior, cun total de 393 prazas”. Ao fío do devandito, salientou “a alta demanda que teñen estas actividades formativas sobre o emprego de novas tecnoloxías e lembrou que “na anterior tempada, cubríronse todas as prazas o mesmo día da apertura de prazo”.
Segundo fixo saber, a nova tempada na sede de InLugo fará “especial fincapé” nos cursos e obradoiros relacionados co uso do móbil e a fotografía, “os máis demandados”, incluíndo dous obradoiros novos: Facemos vídeo con fotografía e Taller de retoque fotográfico. O prazo de inscrición ábrese este mércores, 14 de setembro. Os interesados poden apuntarse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186.
No acto de presentación celebrado este mércores tamén se fixo saber que, “con motivo da celebración o 16 de outubro do Día Mundial da Alimentación”, o InLugo organizará ata finais de ano 15 talleres distribuídos en todas as comarcas da provincia, e dúas conferencias maxistrais sobre a importancia de mellorar as prácticas alimentarias a través das novas tecnoloxías da información. Segundo fixo saber Campos a conto destas actividades en concreto, “o obxectivo de Alimentatic é amosar aos nosos maiores a coidar da súa saúde cunha dieta saudable empregando as novas tecnoloxías”. Ademais de participar nestes obradoiros, nos que haberá postos con alimentos beneficiosos para os asistentes, “os maiores terán a súa disposición unha guía de alimentación en formato dixital co deseño, por exemplo, dun menú semanal saudable ou con consellos para comer ben a prezos económicos”, engadiu.
O presidente provincial tamén avanzou que neste trimestre o InLugo desenvolverá varias xornadas monográficas, como as dedicadas ao Nadal ou ao Día do Maior, e que sairá á rúa con diversas actividades para achegar á sociedade o traballo que desenvolve. Unha das máis próximas será no San Froilán, “un escaparate excelente para que todos os lucenses e visitantes que veñen ás festas patronais de Lugo nos coñezan de primeira man, neste caso concreto, cun obradoiro de fotografía”, explicou.
Todas estas actuacións desenvólvense no marco do programa de Promoción da Autonomía Persoal dos Maiores da Provincia, que xestiona a Fundación TIC a través dunha encomenda da Deputación de Lugo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?