SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

A LaconNetwork celebra a súa décima edición en Compostela

xoves 28 de outubro do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Este venres terá lugar a 10ª edición da LaconNetwork, encontro tecnolóxico que desta volta trasládase a Santiago, concretamente á adega Garum Bistro (Praciña das Penas, 1) ás 14:30 horas, onde os emprendedores tecnolóxicos e profesionais participantes poderán conversar con grande liberdade xa que o xantar organizado celebrarase de pé, prometéndose desta volta que os 10 primeiros en chegar poderán facerse cunha camiseta que conmemora esta serie de eventos. Os interesantes en acudir deberán confirmar a súa asistencia a través dun formulario na páxina web oficial do encontro gastronómico-tecnolóxico que continuará pola tarde no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), onde asistirán a unha charla sobre unha temática elixida por maioría entre os asistentes.
A participación neste tipo de eventos é moi variada, coma pode comprobarse a través de Facebook, de xeito que poderemos ver dende aos fundadores desta iniciativa (os compoñentes de ConfirmSign e Pleiteando) ata xente de compañías coma Jobsket, Galinus, HELLOgalicia, Sixtema ou Primate Multimedia, o que fai que o encontro teña interese polo potencial humano que xúntase para tecer de xeito informal un sector TIC galego.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS