Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arredor de 300 persoas celebraron o noso pulo innovador na Noite Galega das Telecomunicacións
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arredor de 300 persoas celebraron o noso pulo innovador na Noite Galega das Telecomunicacións

Redacción
Publicado: 03/10/2016
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

As premiadas e os premiados na Noite Galega das Telecomunicacións 2016
As premiadas e os premiados na Noite Galega das Telecomunicacións 2016
Finalmente celebrouse este venres 30 de setembro a edición 21 da Noite Galega das Telecomunicacións, unha cita referencial para darmos conta dos importantes avances dados polos nosos profesionais do sector TIC en materia de innovación e das múltiples facianas (tecnolóxica, social, económica, industrial) do desenvolvemento. A Noite contou coa asistencia dunhas 300 persoas, e estivo presidida pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira. Tamén acudiron o director do IGAPE, Javier Aguilera e o director do estaleiro de Navantia, en Ferrol, Julio Martín. Celebrouse, unha vez máis, no Gran Hotel da Toxa (O Grove) da man do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. A cita adicouse este ano ao gran reto da Transformación Dixital, en palabras do decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro, un proceso que no está a levar á nova gran era da Historia da Humanidade.
Segundo engadiu na súa intervención, “a revolución industrial que estamos a vivir cambiará as nosas vidas para sempre”, configurando un “futuro apaixonante no que case nada será igual a como o coñecemos e no que as novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e máis os enxeñeiros de Telecomunicación xogaremos un papel clave”.
A Noite foi presentada pola actriz Carmen Méndez e contou coa actuación do tamén actor e monologuista Carlos Blanco. Deu comezo coa proxección dun vídeo sobre o devandito Desafío 4.0, e despois da intervención de Ramón Bermúdez de Castro, entregáronse os Premios Galicia das Telecomunicacións e a Sociedade da Información 2016.
Trala entrega dos galardóns, o enxeñeiro do ano, César Mariñas, pronunciou unhas palabras nas que, tras agradecer a distinción, que adicou aos seus compañeiros, “os enxeñeiros libre exercentes”, manifestou dous desexos. Por unha banda “que os seus servizos profesionais poidan ser máis valorados e demandados, e que consigan atopar un oco entre as empresas de enxeñería e consultoría”. Por outra banda, expresou a súa arela de acadar que os contratantes valoren “as vantaxes que os enxeñeiros libre exercentes poidan achegar neste nicho de mercado, que os leve a vencer a resistencia ao cambio xerada, ás veces, pola comodidade do continuismo na contratación dos grandes, os mesmos ou os coñecidos”.
A encargada de despedir a XXI Noite Galega das Telecomunicacións foi Mar Pereira, que pronunciou o discurso de clausura.
Antes da directora de AMTEGA interveu o director dos estaleiros de Navantia, en Ferrol, Julio Martín, quen asegurou que “Navantia ten a firme vontade de avanzar cara ao estaleiro 4.0, tirando proveito do pulo da Unión Europea e das iniciativas que o Goberno e a Xunta puxeron en marcha para o desenvolvemento da industria conectada”. Para Julio Martín “o estaleiro 4.0 supón todo un desafío”, pero tamén unha gran oportunidade de mellora competitiva en tres eixos principais: produtos, procesos e modelo de negocio. Ao seu xuízo, o éxito radicará “na dixitalización e a colaboración vertical e horizontal coa nosa contorna”.
Os Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016
En canto aos galardóns, cómpre dicir que o Premio Enxeñeiro Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC foi para Monet Viticultura, pola introdución das TIC en sectores onde achegan valor a procesos tradicionais, e pola súa aplicación a mercados amplos. Amais disto, o xurado tivo tamén en conta a orientación desta empresa á exportación e a súa actividade en I+D+i e a creación de emprego tecnolóxico.
O Premio Gradiant á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC recaeu en Beatriz Remeseiro López, por Avances na diagnose do síndrome de ollo seco: desenvolvemento de métodos automáticos para a avaliación de patróns na capa lípida da película lacrimal. O xurado salientou que a tese achega solucións para un problema de saúde pública (síndrome do ollo seco) que afecta a unha grande parte da poboación maior de 65 anos. “Este traballo demostrou a súa aplicación académica e na industria da saúde, e ten un claro potencial de transferencia da tecnoloxía desenvolvida”, engadiu o xurado.
O Premio Ineo ao produto ou servizo TIC máis innovador de 2016 foille concedido a EGATEL S.L. polo proxecto SmartLNB. Valorouse “o carácter innovador do uso eficiente das capacidades de transmisión de datos vía satélite e a amplitude das súas posibles aplicacións, amais da súa contribución á transformación dixital de diversos ámbitos (saúde, fogar dixital e sector industrial)”.
O Premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais (en colaboración coa AMTEGA) recaeu en EOSA, pola creación de INclue, sistema tecnolóxico innovador para a valoración técnica da exclusión social en base a criterios homoxéneos. O xurado atendeu a que a ferramenta permite unha estimación precisa do grao de exclusión social dunha persoa.
O Premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións, concedéuselle ao Real Club Celta de Vigo, por “liderar o desenvolvemento de sistemas tecnolóxicos que complementan aos partidos de fútbol e que favorecen a implicación dos seareiros”.
O Premio ao Mellor expediente académico do Máster en Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo foi para Daniel Rodríguez Domínguez.
E o Premio Enxeñeiro do Ano (outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia) recaeu no devandito César Mariñas Dávila, pola “súa traxectoria en postos de responsabilidade en diferentes empresas do sector TIC e no exercicio libre da profesión”. Alén disto, tamén se recoñeceu “a súa profesionalidade e independencia, amais da súa contribución ao desenvolvemento das telecomunicacións en Galicia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?