Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Compostela será a vindeira parada do Tour Tecnolóxico @asLAN 2007
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Compostela será a vindeira parada do Tour Tecnolóxico @asLAN 2007

Raquel Noya
Publicado: 12/06/2007
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

asLAN.jpgPor terceiro ano consecutivo, a Asociación de provedores de sistemas de rede, Internet e telecomunicacións, @asLAN, vén de pór a andar o Tour Tecnolóxico 2007, que nesta edición, ademais de Sevilla, Pamplona, Barcelona e Murcia, fará parada en Santiago de Compostela o vindeiro 20 de xuño.
Nesa data, o Hotel Meliá Araguaney acollerá o segundo dos Foros do devandito Tour Tecnolóxico, que nesta ocasión se consolida como unha das principais actividades organizadas pola asociación.
Este evento de longo percorrido, que conta coa colaboración dos principais provedores de redes e tecnoloxías converxentes (Alcatel-Lucen, Siemens, Unitronics…) ten como principal obxectivo ofrecer unha visión global e integrada das novas tecnoloxías relacionadas coas redes e as súas distintas aplicacións no ámbito profesional para contribuír á mellora da competitividade empresarial.
Os profesionais TIC de empresa e Administración Pública son o público obxectivo desta segunda edición que se orienta de xeito especial a 10 Sectores Clave da economía: Sanidade, Seguridade, Educación, Transportes, Operadores de Telecomunicacións, Fianzas, Industria, Enerxía, Audiovisual e Distribución Comercial.
En Compostela, ó igual que no resto das cidades nas que @asLAN fai o seu percorrido, terán lugar de 10 a 15 relatorios impartidos por fabricantes, maioristas, integradores e operadores. Este ano, como en pasadas edicións, a Asociación agarda contar coa participación especial de representantes no ámbito das novas tecnoloxías, dos distintos Gobernos Autonómicos, así como doutras institucións de ámbito rexional.
Ademais de facilitar o intercambio dinámico de información, experiencias e coñecemento entre provedores e Responsables TIC da empresas e administración pública, os organizadores pretenden potenciar a creación de redes de contactos e a detección de novas oportunidades de negocio entre os asistentes, sobre todo, grazas á celebración simultánea de actividades que permitan as relacións directas entre os asistentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?