SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

LaconNetwork celebra o seu primeiro aniversario en A Coruña

xoves 27 de xaneiro do 2011, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Durante 2010 consolidouse o encontro coñecido coma LaconNetwok, que os últimos venres de cada mes xuntou a emprendedores e profesionais do sector TIC de xeito informan en xantares repartidos por toda a xeografía galega, e para celebrar o primeiro ano de vida desta iniciativa informal este venres organizan un destes eventos por todo o grande no PALEXCO de A Coruña.
O One Year de LaconNetwork, aparte do formato habitual de xantar distendido no que facer networking entre os asistentes, vai contar con convidados de excepción, que impartirán uns pequenos relatorios: Miguel Silva, co-fundador de Blusens, falará sobre o emprendemento en Galicia con aspiracións globais, mentres que Fernando Pérez-González, fundador de Bit Oceans, ilustrará sobre o aproveitamento do fracaso para avanzar no emprendemento.

JPEG - 29.7 KB
Fernando Pérez-González e Miguel Silva serán os convidados de excepción nesta edición da LaconNetwork

Tamén realizarán unhas breves intervencións algúns dos participantes en anteriores edicións da LaconNetwork para compartir a súa visión do evento, como representantes de EGANET, AJE e Iniciador Galicia, ou os blogueiros Víctor Salgado, Marcus Fernández e Francesc Pumarola.
Espérase que tamén participen do encontro fondos e bancas privadas, consultoras e representantes de distintas empresas de base tecnolóxica con presenza en Galicia coma LambdaStream, R ou Coremain.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS