Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lalín publica a web do seu repositorio de software
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Software libre

Lalín publica a web do seu repositorio de software

Redacción
Publicado: 19/04/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_lalin-2.jpgSeguimos a falar de iniciativas galegas de impulso ao software libre: actividades para amosar ante a cidadanía as vantaxes de apostar pola programación aberta, cursos, obradoiros, eventos e laboratorios. Logo de dar conta de LibreTeo e máis do vindeiro hackathon dos GPUL Labs, agora é a quenda da importante iniciativa open source que vén de levar a cabo o Concello de Lalín a través da Concellería de Novas Tecnoloxías (ao abeiro do seu compromiso coa comunidade de usuarios e desenvolvedores de software libre). Segundo informa a Concellería, vén de publicar a web do seu repositorio de software, concellolalin.github.io. Neste espazo, sinala o Concello, estarán dispoñibles os desenvolvementos do departamento local de Informática para que poidan ser reaproveitados por outras administracións, empresas ou particulares “sen ningún tipo de custe”.
A iniciativa foi presentada este martes polo concelleiro responsable desta área, Tomás Vilariño, que dixo que “tralas aplicacións de tratamento de enquisas da Feira do Cocido, do Directorio de Empresas, agora ponse a disposición da cidadanía o código fonte dos dous desenvolvementos”.
A plataforma empregada para aloxar o código fonte é GitHub, que é segundo Vilariño “a máis empregada na actualidade polos proxectos de software libre”. En opinión do Concello, está claro que “grazas á programación aberta e aos esforzos do departamento de Informática”, estanse reducindo custes e optimizando os procesos de traballo diario no concello. En termos concretos, aparte dos desenvolvementos propios, o equipo local de Informática tamén fai uso de solucións en software libre no seu día a día, por exemplo Open Broadcaster Software (para a retransmisión das sesións plenarias, GLPI (para o inventariado e incidencias do equipamento informático), WordPress (para as webs de Feira do Cocido, Roteiros e a intranet corporativa), Mediawiki (para manter a documentación dos distintos traballos), Libreoffice e Thunderbird (como ferramentas ofimáticas en todos os equipos) e Drupal.org (na web institucional lalin.gal)
Tomás Vilariño engadiu que “a estratexia de uso de software libre fronte ao privativo dá un valor engadido ao tecido TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) local, que poderá integrar as súas solucións e beneficiarse dos desenvolvementos liberados podendo melloralos e revendelos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Software libre

WordPress Credits supera as 50 institucións educativas participantes

09/11/2026
Software libre

GPUL organiza un obradoiro de introdución ao control de versións con Git

03/11/2026
Software libre

Galicia lidera o uso de software libre nas empresas españolas

27/10/2026
Software libre

A Xunta aproba a Estratexia galega para a promoción e difusión do software libre

26/10/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?