
Emporiso, esta proposta itinerante chega o día 7 a Vigo para ampliar paseniño o número de escolares de Galicia que acceden de xeito divertido ao coñecemento da programación informática como ferramenta didáctica, tomando conciencia da súa potencia como medio de expresión creativo.
Indo ao miolo da sesión, terá lugar de 17 a 21 horas na sede de Afundación (rúa Policarpo Sanz, 26), e estará estruturada en dous niveis que se desenvolverán de xeito simultáneo, un deles para rapaces (acompañados de pais ou nais) e outro para docentes, co obxectivo de difundir os valores da programación informática na comunidade escolar. En total, a sesión vai reunir a 60 participantes, entre escolares e adultos.
O CPETIG considera necesario contar cun maior número de formadores especializados para poder ampliar a oferta formativa de Scratch en Galicia, ante os bos resultados ofrecidos nas edicións anteriores. Por iso, mentres os escolares aprenden a programar videoxogos, historias interactivas e storytelling no obradoiro, nunha sesión simultánea un grupo de docentes (profesorado non universitario, colexiados do CPETIG e do CPEIG) recibirá formación para adquirir os coñecementos precisos para intervir como monitores en futuros eventos de Scratch.
En resumo, a asistencia a este obradoiro tradúcese (ben para docentes, ben para escolares) na aprendizaxe do uso de Scratch como factor creativo e motivacional, empregado con obxectivos didácticos.
Para os que o descoñezan, dicir que o Scratch é unha ferramenta baseada en pezas encaixables que serven para construír pequenos programas que permiten iniciar ao alumnado na linguaxe de programación dun xeito sinxelo.
O CPETIG organiza un novo obradoiro para ensinar a escolares a programar videoxogos
Compartir Este Artigo

