Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Plan de Goberno dixital 2020 busca conseguir unha Administración con menos papel e máis preto do cidadán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Plan de Goberno dixital 2020 busca conseguir unha Administración con menos papel e máis preto do cidadán

Redacción
Publicado: 14/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20160115_amtega_02.jpgA directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, sinalou hoxe que o obxectivo do Plan de Administración e Goberno Dixital 2020 é conseguir unha administración con menos papel e máis preto do cidadán. A responsable da área tecnolóxica da Xunta inaugurou en Santiago o Seminario A Transformación Dixital en Galicia, organizado Socinfo, e no que interviñeron a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, e o director xeral de Función Pública, José María Barreiro.
Pereira sinalou que o actual Goberno galego iniciou a senda da dixitalización dos servizos públicos en 2010 coa aprobación da primeira Axenda Dixital de Galicia 2014.gal e que en 2015 aprobouse a Axenda Dixital 2020, que mobilizará un investimento público-privado de 1.500 millóns de euros. A directora da AMTEGA indicou que o seu departamento, en colaboración coas consellerías, está a desenvolver os 14 plans de actuación desta Axenda para consolidar a dixitalización da Educación, a Xustiza, do eido sociosanitario, dos sectores primarios e estratéxicos galegos e para proporcionar o acceso a todos os galegos de redes ultrarrápidas.

As pezas dunha Administración dixital

20160115_amtega_01.jpgO Plan de Administración e Goberno Dixital 2020 é a folla de ruta da Axenda para consolidar e avanzar na dixitalización da Administración autonómica e, unha vez culminado, permitirá un aforro de 41 millóns de euros. Neste sentido, Mar Pereira afirmou que o esforzo realizado ata agora ten resultados como a entrada en funcionamento do Arquivo Dixital de Galicia. Esta é unha peza chave da eAdministración, que no primeiro trimestre deste ano incorporará 100 procedementos cuxo ciclo de vida administrativo será totalmente dixital.
A directora da AMTEGA destacou que a día de hoxe máis do 60% dos trámites coa Xunta pódense presentar online na sede e que se simplificou o seu uso coa posta en marcha do servizo Chave 365, que evita o uso de certificados dixitais. Ademais, as máis de 500 oficinas de Rexistro contan cun único sistema de información e o pasado mes de setembro iniciábase a súa a súa dixitalización. A posta en marcha do sistema Notifc@ de notificacións electrónicas foi outro das iniciativas que se completou en 2015 e que posibilitarán a tramitación integramente integral dun trámite desde a súa entrada ata notificación final ao usuario.
Pereira indicou que este proceso de transformación supón a reconfiguración das funcións dos empregados públicos, o que implica a dotación de novos medios tecnolóxicos adaptados á novas necesidades e un plan de formación TIC, que se está a desenvolver a través da EGAP e que impartiu más de 12.500 horas en tres anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?