Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O asistente de condución intelixente da galega Xesol busca reducir os atropelos nas cidades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O asistente de condución intelixente da galega Xesol busca reducir os atropelos nas cidades

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/01/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

xesol_innovation_peons_seguridade.jpgChegará un día en que conducir sexa un acto cen por cen seguro, rendible e sustentable. Este futuro está a ser apuntalado por empresas como a galega Xesol Innovation, da que falamos recentemente en Código Cero para dar conta do seu asistente de condución intelixente (ADAS), unha tecnoloxía que estará á venda para particulares no primeiro semestre de 2017 e que salienta por riba doutros recursos análogos por ser o que achega máis ángulos de visión aumentada da contorna do automóbil. Ten, como lembraremos, unha ampla marxe de precisión e goza de todas as vantaxes da visión artificial (en troques de infravermellos e radares), integrando tres cámaras con esta tecnoloxía. Se con motivo da súa presentación fixemos fincapé na marxe de seguridade que pon en xogo para os pasaxeiros, agora é a quenda de salientar os elementos de “tranquilidade” que fornece a quen está fóra do coche. Sexan peóns, ciclistas ou ocupantes de vehículos estacionados.
Segundo engadiu a propia firma Xesol días despois da presentación oficial do seu ADAS, un dos grandes obxectivos (senón o máis importante) da tecnoloxía desenvolvida é (precisamente) loitar contra o elevado número de atropelos nas nosas vilas e cidades. Con este fin, deuse forma a un sistema de detección de peóns (pederastian detection) cuxo principal reto foi ser de abondo intelixente como para saber identificar un camiñante entre os múltiples elementos que rodean o automóbil polos seus catro costados: saber distinguilo malia a variabilidade da súa aparencia (tamaños, feituras) e polos seus movementos (o reto de non seren estáticos). En palabras de Xesol, o reto foi conseguido. Os seus responsables engaden a este respecto que “cumpría máis que nunca que o mercado e os condutores tiveran ao seu alcance recursos para protexer tamén aos peóns”, sendo estes, por norma, “os maiores prexudicados nos accidentes que ocorren en ámbito urbano, tendo en moitas ocasiones consecuencias tráxicas”. A funcionalidade de pederastian detection de Xesol encamíñase directamente “á redución de accidentes e as súas consecuencias”.
Como dixemos, o principal reto foi a identificación do peón por parte dos sistema. Esta capacidade, segundo os responsables da firma con sede na Tecnópole, é unha das principais eivas dos coches autónomos, que ata o de agora “fallaban en situacións tan triviais como deterse ante un semáforo en vermello”. Neste senso e para facernos unha idea do que se nos conta, Xesol recorda un vídeo que circula na Rede no que se ve un automóbil autónomo de Uber saltarse un semáforo pouco antes de que un peón comezase a cruzar.
A maiores, mediante o sistema da empresa galega, “o condutor ten a tranquilidade de recibir información inmediata que pode que o seu ollo non perciba por despiste, fatiga, falta de reflexos ou visibilidade”. Deste xeito, mediante sinais visuais e sonoras, o asistente alerta sobre a presenza de peóns, ciclistas, vehículos parados ou obstáculos na estrada, así como da irrupción de obxectos… Tamén avisa de curvas pronunciadas e cambios na feitura da calzada, como un próximo estreitamento da vía, así como da invasión involuntaria do carril contrario ou da beiravía. Ademais, é capaz de rexistrar e interpretar os sinais de tráfico, alertando sobre o risco de incumprir as limitacións existentes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?