O foguete Vega VV01 pon en órbita o picosatélite XaTcobeo

luns, 13 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Intre no que o foguete Vega VV01 inicia o seu despegue

Esta mañá non eran poucas as miradas que estaban pendentes do lanzamento do foguete Vega VV01 no porto espacial de Kourou na Güiana Francesa, pois con esta operación poranse en órbita 2 satélites italianos e 7 picosatélites: e-St@r (Italia), Goliat (Romania), MaSat-1 (Hungría), PW-Sat (Polonia), Rubusta (Francia), UniCubeSat GG (Italia) e o noso XaTcobeo. Esta misión pretende avaliar o sistema Vega, incluíndo o vehículo en si mesmo, a súa infraestrutura de lanzamento e a súa operativa.
O interese por este lanzamento non é só polas repercusións internacionais dos proxectos ao redor dos picosatélites que se poñen en órbita, senón tamén polo feito de que estamos ante o primeiro foguete que a Axencia Espacial Europa (ESA) lanzan dende 1996.
Agora podemos dicir xa que o XaTcobeo é o primeiro picosatélite galego, que en só 900 gramos de peso concentra o traballo de 60 estudantes, 32 docentes e 8 grupos de investigación que dende 2008 están a esforzarse para que este proxectos de investigación vexa a luz, coa confianza de que sexa só o punto de partida dunha futura industria aeroespacial galega e todo un exemplo de transferencia de coñecemento dende a Universidade de Vigo.

Os equipos encargados dos picosatélites e-St@r, Goliat e XaTcobeo durante a súa integración no seu P-POD</A>
O lanzamento do foguete Vega VV01 foi todo un éxito

PUBLICIDADE