Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O galego Antonio Álvarez obtén o premio Master the Mainframe que concede IBM España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O galego Antonio Álvarez obtén o premio Master the Mainframe que concede IBM España

Redacción
Publicado: 11/03/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

udc_premio_master_mainframe_ibm.jpgAntonio Álvarez, graduado en Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña e a día de hoxe estudante do Máster Universitario de Enxeñaría Informática (MUEI), vén de obter o premio Master the Mainframe, edición 2015, un recoñecemento que organiza cada ano IBM España e no que estudantes universitarios de todo o mundo teñen a posibilidade de adquirir experiencia e formación avanzada e amosar, tamén, o seu coñecemento e habilidades acerca dos sistemas mainframe de IBM. Estes, como recordaremos, son os elementos dunha arquitectura da compañía orientada principalmente a afrontar e solucionar procesos críticos dentro das grandes empresas.
O certame de IBM ten unha vertente estatal (con cada país participante seleccionando os seus representantes) e logo unha fase final a xeito de remate. IBM España decantouse precisamente polo estudante da UDC, e o premio Master the Mainframe así o certifica. Previamente, logo de presentarse ao concurso, tivo que ir superando diferentes probas ao longo dun período de tres meses. A entrega do recoñecemento celebrouse o pasado 4 de marzo durante o evento IBM z Sytems redefine o negocio dixital. Os representantes da división española da multinacional salientaron a capacidade de Antonio Álvarez (Vigo, 1992) para tirar abaixo calquera límite ou atranco que puidera ter a investigación avanzada do ámbito mainframe. Agora, o estudante galego terá que afrontar en datas vindeiras a súa concorrencia na fase mundial do certame, na que competirá cos gañadores dos restantes países participantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?