O ordenador compacto VivoPC X é capaz de mover mundos de realidade virtual
mércores, 4 de xaneiro do 2017
Coa chegada das lentes de realidade virtual Oculus Rift e
HTC Vive, aparte do seu prezo, habÃa outro grande atranco para a súa compra: o
precisar dun ordenador cunha enorme potencia gráfica para funcionar, ou sexa, equipos
cun prezo de máis de mil euros. Pero este obstáculo cada vez é máis doado de
superar grazas ao crecente número de equipos con gráficas de nVIDIA de nova
xeración que por un prezo asumible permite gozar dos últimos xogos asà como
mover mundos de realidade virtual con solvencia. Nesta liña preséntase
no CES de Las Vegas o VivoPC X de Asus, un ordenador moi atractivo que, cun
formato bastante compacto encerra un procesador Intel Core i5 de sétima
xeración, 8 GB de RAM, 512 GB de SSD e gráfica nVIDIA GTX 1060.
Deste xeito temos un ordenador un chisco máis grande que unha consolas de
videoxogos e de pouco máis de 2 quilos de peso ao que podemos conectar un casco
de realidade virtual sen problemas, o que resulta bastante práctico para a
realización de demostracións ou simplemente, para quen queira ter un potente
equipo de tamaño contido ou incluso instalar o ordenador no salón.
O Asus VivoPC X conta con 4 portos USB 3.1, 2 portos USB 2.0, 2 saÃda HDMI, 1 saÃda
DisplayPort; o seu deseño inclúe espazos laterais para facilitar a ventilación
do interior do equipo e, o máis impresionante do mesmo é, sen dúbida, que o seu
prezo cando saia á venda en marzo será de só 799 dólares (765,44 euros).
- O novo equipo de Asus ten un formato moi compacto