Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os menores e os riscos dun mal uso das TIC, a debate os días vindeiros en Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os menores e os riscos dun mal uso das TIC, a debate os días vindeiros en Lugo

Fernando Sarasketa
Publicado: 20/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

adolescencia_internet.jpgA Asociación Penitenciaria Concepción Arenal de Lugo está a ultimar a celebración das súas xornadas divulgativas, que van pola edición número 30 e que desta volta centraranse nun dos aspectos máis preocupantes do espallamento das novas ferramentas: o acceso indiscriminado dos nenos e os adolescentes ás novas contornas en liña, sen un labor complementario de sensibilización, concienciación e asesoramento sobre os riscos que poden atopar. As Xornadas Penitenciarias Lucenses desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de setembro baixo o epígrafe Os menores e as novas tecnoloxías.
Segundo informa a asociación, “logo de trinta anos organizando estas xornadas, seguimos a procurar cuestións de actualidade que estean a xerar repercusión e interese social”, e para o presente ano decidiuse abordar o ámbito das novas ferramentas na nenez e na adolescencia, “entre outras cousas debido ao forte desenvolvemento teórico-práctico experimentado pola cuestión ao longo dos últimos anos, e debido tamén á gran dificultade que supón a súa detección e abordaxe”. A isto cómpre engadir a importante sensibilidade social que esperta este fenómeno e que afecta, en todos os niveis, a un meirande número de poboación no ámbito estatal, engade a entidade penitenciaria.
As xornadas están organizadas pola devandita asociación e contan para o seu desenvolvemento co apoio (financiamento) do Concello e a Deputación de Lugo. Arrincarán o 26 de setembro no salón de actos da sede da Deputación de Lugo, contándose coa presenza de Álvaro Santos Ramos, vicepresidente do organismo provincial. A continuación haberá unha entrega de medallas e logo comezará a conferencia Os menores e os delitos informáticos a cargo de José Antonio Vázquez, maxistrado do Xulgado do Penal número 2 da Coruña. Presenta e modera Félix Mondelo Santos, decano do Colexio Provincial de Avogados de Lugo.
Ao día seguinte, 27, no mesmo escenario, celebrarase ás 19.30 horas a conferencia Prevención e loita contra os delitos informáticos: especial referencia aos menores. Será impartida por Gonzalo Sotelo, responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra. Presenta e modera Víctor Souto, capitán da Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Garda Civil de Lugo.
Xa no último día de actividades, o 28, desenvolverase a conferencia Metodoloxía Coaching: Medida de intervención eficaz con menores en risco. Virá da man de Fernando González Truque, director de Alar Galicia. Presenta e modera Óscar Piñes Penelas, director do Centro de Menores Santo Anxo de Rábade. A clausura das xornadas correrá a cargo da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?