Un dos descubrimentos arqueolóxicos máis importantes de 2012 tirou proveito de tecnoloxía galega

martes, 16 de xullo do 2013 Marcus Fernández

O Mosaico dos Amores do depósito da cidade ibero-romana de Cástulo ( que podemos ver na web a través de imaxes de alta resolución) foi considerado un dos grandes descubrimentos arqueolóxicos do ano 2012 pola revista de divulgación National Geographic, que inclúe ao mosaico castulonense dentro dos achados arqueolóxicos máis relevantes do pasado ano en España e no resto do mundo xunto aos novos guerreiros encontrados en Xián (China), as Momias Frankenstein de South Uist (Escocia) ou as máscaras do Templo do Sol Nocturno Nel Zotz (Guatemala).
Co gallo deste recoñecemento, a empresa galega Ayco dá conta de que foi compañía a encargada de desenvolver a tecnoloxía empregada polos arqueólogos co fin de facilitar a recollida de información e de facelo da forma máis precisa posible para lograr reproducir de xeito fiable o estado do depósito. Así, pódense compartir con outros expertos os achados logrados e formar unha rede de coñecemento moito máis completa para as investigacións que se están a realizar.
O obxectivo final do proxecto Cástulo é, mediante os datos recollidos en campo grazas ás aplicacións desenvolvidas por Ayco, realizar modelos tridimensionais do depósito, que sexan o máis reais posible e poidan ser estudados por outros expertos. Para iso, unha vez que as diferentes pezas chegan ao laboratorio, referéncianas vía GPS en función do estrato no que foron achadas para gravar coa maior veracidade posible o estado no que se encontraba o depósito.

PUBLICIDADE