1.200 estudantes galegos poderán mellorar o seu inglés oral a través de actividades dixitais
mércores, 24 de maio do 2023Un total de 1.200
alumnos desde 6º de Primaria a 4º de ESO poderán mellorar a súas competencias
en inglés o vindeiro outono participando
na iniciativa Digitalweek organizada pola Xunta de Galicia. O Portal
Educativo publica a convocatoria
deste programa de estadÃas lingüÃsticas, que se desenvolverá durante o
primeiro trimestre do curso escolar 2023/24 nun centro residencial situado en
Galicia en quendas dunha semana (desde o domingo pola tarde ata o sábado
seguinte pola mañá).
O obxectivo é a práctica
do idioma e a súa utilización en diferentes contextos para mellorar a comunicación
oral a través de actividades dixitais, co apoio de profesorado nativo en lingua
inglesa.
Asà mesmo, o
alumnado participante contará con actividades formativas non só académicas,
senón tamén que fomenten a actividade fÃsica, a socialización e o coñecemento
cultural e tecnolóxico cunha metodoloxÃa adecuada á súa etapa educativa. A
metodoloxÃa será activa, lúdica e cooperativa, incidindo na educación en
valores democráticos e nos aspectos relacionados coa sustentabilidade e
coñecemento da contorna.
O prazo de
presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño e os centros
interesados realizarana a través da aplicación de Programa Educativos. Cada
centro poderá solicitar participar cun máximo de 25 alumnos do mesmo nivel
educativo. O grupo irá acompañado dun docente cun coñecemento da lingua inglesa
acorde e responsabilizarase da adecuada participación do seu grupo.
A actividade, á
que a ConsellerÃa destina unha inversión de 597.00 euros, é totalmente de balde
para as familias.