2 políticos mediranse fronte unha Nintendo Wii en La Sexta

luns, 26 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O programa de televisión El Intermedio presentado polo Gran Wyoming en La Sexta é coñecido pola súa aposta polas novas tecnoloxías con iniciativas coma o seu salto ó mundo virtual de Second Life (que serviu de plataforma para a celebración dun concurso) e agora quere achegar máis argumentos para apoiar tal imaxe de xeito que a socialista Carmen Calvo, vicepresidenta primeira da Mesa do Congreso dos Deputados, e Josep Antoni Durán i Lleida, Secretario Xeral de CIU, inaugurarán unha nova sección chamada Culo veo, culo quiero, na que debaterán dun xeito orixinal, pois en vez de empregar as palabras como argumento, mediranse diante dunha consola Nintendo Wii.
Esta por ver o que dá de si este curioso experimento en La Sexta, que non deixará indiferentes os espectadores que non estamos afeitos a ver ós políticos en actitudes tan distendidas.