
De feito, analistas web, económicos e empresariais apuntan a que unha boa parte da actividade dos departamentos humanos das compañías está cada vez máis centrada nas redes sociais, cubríndose os elos esenciais da cadea. Arestora, conta Compostweets, a Rede é o medio referencial para buscar emprego, e, de xeito paralelo e complementario, para a procura de traballadoras e traballadores dentro das empresas. Proliferan, de feito, os servizos específicos e os portais que xestionan o contacto entre uns e outros, pero a estes hai que sumar, dun tempo a esta parte, un novo tipo de axente en activo: as redes sociais. Nelas, as persoas demandantes de emprego teñen un espazo axeitado de comunicación para transmitir os seus valores, habilidades, cualidades ou competencias. Estas cuestións, das que cómpre falar en detalle, en parte tamén pola súa implicación na superación da crise produtiva, serán o alicerce de relatorios como o de Raquel Lemos, que achegará aos asistentes ao evento á súa experiencia en Publiwoman, currículo-blog onde amosa o seu ideario sobre o marketing alternativo, ou o da blogueira Nela Bernal, expoñendo o miolo de A Fervenza do Sur, a súa bitácora.. En breve, e a medida que se achegue a data decisiva, iremos dando conta de máis relatores e máis temas a tratar.
O potencial das redes como palestras profesionais será un dos eixes temáticos de Compostweets
Compartir Este Artigo
