
BlackBerry tiña uns 12.700 empregados no mes de marzo, e está a reorganizarse para poder operar cun número moi inferior de traballadores, o que suporía a perda duns 5.000 empregos durante o presente ano. Non sería a primeira ocasión na que a compañía antes coñecida como RIM tivo que facer axustes, pois hai un par de anos o seu número de empregados superaba os 17.000, pero resulta evidente que tampouco a súa situación no mercado é igual, pois pasou de ter unha cota de mercado (nos EE.UU.) do 14% a menos do 3% (e caendo), polo que a compañía está nunha situación crítica que podería rematar coa súa venda no mes de novembro (sendo a principal incógnita se tal operación será polo total da empresa, ou realizaríase por partes).
BlackBerry podería despedir ao 40% dos seus traballadores antes de rematar o ano
Compartir Este Artigo

