Aínda que os smartphones de referencia de Nokia son os da familia Lumia, que funciona con Windows Phone, para mercados emerxentes e usuarios que queren adquirir terminais máis asumibles teñen unha modesta familia Asha, que facilita o acceso a aplicacións básicas para teléfonos conectados como navegador web, correo electrónico, redes sociais (Facebook, Twitter, Tuenti…), WhatsApp e agora tamén facilitan o acceso a documentos ofimáticos grazas ao lote de aplicacións My Pocket Office, que actualmente está en fase beta, e que pode instalarse libremente nos móbiles Nokia Asha.
Esta solución para os smartphones máis asumibles de Nokia está composta polas aplicacións My Pocket Office . docx (que abre documentos de Microsoft Word), My Pocket Office – xlsx (que facilita a lectura de follas de cálculo de Excel) e My Pocket Office – pptx (que permite ler documentos de PowerPoint dende o móbil).
Pese a que Microsoft están en plena operación de adquisición de Nokia, estas ferramentas non son creación da compañía de Redmond, senón da compañía india Divum.
Un lote de aplicacións facilitan acceder a documentos de Office dende o Nokia Asha 501
Compartir Este Artigo

