Media Markt, recentemente de actualidade na nosa terra por ter aberto unha nova sede galega en Ferrol e tamén polo proceso de liquidación de existencias ao que se viu abocada a cadea na Coruña por mor do peche de Dolce Vita, vén de poñernos ao tanto sobre unha celebración a ter en conta, e máis se vai vir (como se supón) acompañada de ofertas e descontos. Máis polo miúdo, trátase da celebración este ano 2014 do seu 15 aniversario de actividade no territorio estatal, cousa que se dá a coñecer uns meses despois do nomeamento de Ferran Reverter, o primeiro CEO español da compañía no territorio español.
“Estes 15 anos de traxectoria no país”, sinalan fontes da compañía xermana de distribución de electrónica de consumo, “transmiten a gran aposta de Media Markt polo mercado estatal, sobre o que se realizou un gran esforzo de desenvolvemento de espallamento e polo que se apostou intensamente desde o inicio da súa actividade”. Lembrar que a compañía ten arestora 72 tendas repartidas en toda a xeografía estatal, estando catro delas na nosa terra: a de Lugo, a de Ferrol, a de Coruña (ata o de agora no centro comercial Dolce Vita) e a de Vigo.
Para celebrar estes 15 anos de “éxitos”, Media Markt preparou diferentes accións e descontos que, en palabras dos responsables da cadea, “resultarán irrepetibles e sorprenderán aos clientes de toda España para agradecer a confianza depositada na marca durante todo este tempo”. Ferran Reverter comenta ao fío desta conmemoración que dende a compañía “fomos quen de aprender moito e adquirir unha gran experiencia no mercado local a longo destes quince anos de actividade”. Ao seu xuízo, a empresa é un “exemplo a seguir pola súa excelencia operativa para moitos países europeos”.
Media Markt prepara importantes ofertas para celebrar os seus 15 anos de actividade en España
Compartir Este Artigo
