
O obxectivo deste obradoiro, a desenvolver de 10:00h a 14:00 horas, é achegar aos profesionais galegos as distintas utilidades que ofrecen as aplicacións do buscador, “unha suite baseada no modelo de computación na nube que arestora xa empregan máis de 5 millóns de empresas en todo o mundo”, informa AMTEGA. O seminario será impartido pola empresa ourensá Redegal, socia oficial de Google Apps, que conta cunha ampla experiencia na implantación desta solución, e mesmo en materia de divulgación na nosa terra, tal e como temos reflectido polo miúdo dende Código Cero. Para este seminario, a empresa galega acompañarase de diversas firmas da nosa xeografía que xa teñen implantado Google Apps no seu negocio e que compartirán con todos os asistentes a súa experiencia no uso destas ferramentas.
Segundo apunta AMTEGA, “as solicitudes para asistir en persoa a este seminario superaron amplamente o número inicial de prazas ofertadas, o que da conta da boa acollida entre o tecido empresarial galego”. Para superar estes atrancos físicos e de dispoñibilidade dos interesados, o evento será transmitido por videoconferencia ás aulas CeMIT.
Lembrar que as Google Apps son unha opción moi tenda en conta por profesionais de todo o mundo para levar as empresas de seu á nube. Achega ferramentas e servizos como Gmail, Google Calendar, Google Drive ou Google Sites. Este paquete fornece a maiores múltiples utilidades, “como poden ser a creación de documentos e calendarios, facendo especial fincapé en compartir estes con outros usuarios, ou traballar de forma colaborativa desde calquera lugar ou dispositivo”, explica AMTEGA.
O Centro Demostrador TIC dá acubillo o día 26 a un seminario sobre Google Apps para as nosas PEME
Compartir Este Artigo
