Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O cómic Powers converterase na primeira serie de televisión de PlayStation
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

O cómic Powers converterase na primeira serie de televisión de PlayStation

Marcus Fernández
Publicado: 20/03/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Jason Patric protagonizara un piloto de Powers en 2011
Jason Patric protagonizara un piloto de Powers en 2011
O panorama audiovisual está a experimentar un importante impacto en mercados como o estadounidense coa emerxencia de series de televisión que se estrean fóra das canles tradicionais, como House of Cards e Orange is the New Black, producidas pensando na súa distribución a través da plataforma de vídeo baixo demanda Netflix, e agora vemos como Powers, a colección de comics de Brian Michael Bendis e Michael Avon Oeming publicada en España por Panini, vai experimentar un tratamento semellante na súa adaptación televisiva, que chegaría en forma de serie de 10 episodios dunha hora producida por Sony Pictures Television para a súa distribución a través da PlayStation Network.
powers_comic_02.jpgActualmente estímase que o número de consolas conectadas a dispositivos PlayStation supera os 30 millóns nos EE.UU., polo que semella unha interesante plataforma audiovisual, o que permitiría a Sony ampliar o negocio desta rede fóra do sector dos videoxogos. Aínda que a PlayStation 3 xa conta dende hai tempo con contidos audiovisuais (de feito, é un dispositivos máis empregados para recibir a programación de Netflix) non parece que Sony tomase demasiado en serio esta posibilidade de negocio ata agora.
Aínda non se coñece cando chegará a nova serie de televisión ás consolas norteamericanas, sendo de esperar que a súa distribución internacional chegue a través de canles tradicionais como aconteceu tamén coas series orixinais de Netflix (o mercado televisivo baixo demanda non parece estar aínda maduro a nivel global).
Esta non é a primeira vez que se intenta levar Powers á pequena pantalla, pois estas aventuras policiais ambientadas nun mundo no que existen os superheroes chegaron incluso a levar á gravación dun episodio piloto protagonizdo polo actor Jason Patric hai tres anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O I+P Ideas para Producir conecta 18 proxectos audiovisuais coas grandes firmas do sector

27/11/2026
Audiovisual

Xabarín.gal, protagonista do stand da TVG no Culturgal 2026

26/11/2026
ideas_para_producir_cluster_cei.jpg
Audiovisual

Os retos da industria audiovisual galega, polo miúdo este xoves no I+P Ideas para Producir

24/11/2026
Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?