Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Ourense expón en Santiago o seu modelo ideal de eAdministración
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Ourense expón en Santiago o seu modelo ideal de eAdministración

Redacción
Publicado: 18/01/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

baltar_santiago_abanca.jpgA semana pasada celebrouse no salón de actos do edificio Abanca Obra Social en Santiago de Compostela un encontro sobre o reto das novas tecnoloxías para as institucións públicas (o seminario Transformación dixital das administracións públicas en Galicia). Na sesión, que contou coa presenza de expertos en informática e xestión tributaria e económica, participaron (entre outros) Mar Pereira, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (amosando os desafíos e estratexias do Plan de Goberno Dixital 2020) e máis Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, quen clausurou o seminario cunha exposición das iniciativas que está a desenvolver a entidade en materia de eAdministración e ao abeiro do concepto Provincia Intelixente.
Baltar lembrou que a administración do século XXI “ten que ser electrónica porque senón non será administración” e engadiu que os servizos públicos tradicionais “deben mudar en favor do inmediato, da celeridade e da sinxeleza a prol dos cidadáns, para que cada persoa leve no peto, no seu dispositivo móbil, a posibilidade de facer calquera tipo de xestión administrativa”.
Tamén fixo saber que a dixitalización das administracións “ten moito que ver coa participación cidadá, coa rendición de contas e coa transparencia, ámbito este no que tamén o Goberno provincial de Ourense é unha referencia e estamos á vangarda”. Ao fío disto, Baltar debullou as novidades acabadas de incorporar á Administración provincial, entre as que figuran a retransmisión en directo dos plenos, das comisións informativas, do sorteo dos membros dos tribunais das probas de acceso ao emprego público ou das aperturas de plicas das mesas de contratación. Tamén falou da vídeo-acta e “da posta en marcha da primeira plataforma provincial de participación cidadá, que figura no Plan de xestión e estratexia operativa da Deputación, Ourense 15-19”.
Igualmente, lembrou a iniciativa impulsada conxuntamente coas deputacións de Zaragoza, Castelló e Girona: o primeiro Foro interprovincial de innovación, un ente que ten como obxectivo manter unha canle continua para favorecer a transferencia de experiencias e coñecemento entre persoas e institucións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?