Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As entidades avogan por unha formación TIC integral nas familias no Día da Internet Segura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As entidades avogan por unha formación TIC integral nas familias no Día da Internet Segura

Redacción
Publicado: 09/02/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

nenas_tableta.jpgA necesidade de traballar a prol dunha Sociedade da Información libre á par que segura segue vixente nesta segunda semana de febreiro. Se nas xornadas previas falamos da celebración do Día da Protección de Datos en Europa (celebrado na nosa terra por entidades como o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia, a Facultade de Informática da Coruña ou o centro tecnolóxico Gradiant), hoxe 9 de febreiro é a quenda de festexarmos o Día da Internet Segura, un evento dirixido en parte a pór acabamento ás ameazas e riscos que poden atopar nenos e adolescentes no seu día a día dixital e que se desenvolve baixo o seguinte epígrafe Xoga o teu papel para unha Internet mellor. Boa parte dos manifestos ao respecto deste día coinciden nun mesmo punto: cómpre máis formación e sensibilización TIC entre a rapazada pero tamén de cara a nais, pais e profesores.
Entre as asociacións máis significadas a prol de visualizar a xornada atópase a Asociación Xeral de Consumidores, ASGECO, que xa emitiu un comunicado convidando a nais e pais a participaren activamente na formación do emprego de Internet por parte dos seus fillos, facendo fincapé, unha vez máis, nos factores educación, sensibilización e formación, que son a fin de contas os piares sobre os que se ten que apoiar a Internet segura máis acaida. Segundo lembran, “durante o tempo que os menores pasan conectados a Internet poden ser vítimas dos riscos propios destas contornas cibernéticos: contidos inapropiados, técnicas agresivas de publicidade e vulneración da privacidade, pero tamén acoso e extorsión”. A asociación recorda ás nais e pais que son eles os “principais responsables” dos actos dos seus fillos e fillas menores, non só na vida off line que todos coñecementos, senón tamén “na outra vida que desenvolven por Internet”.
Por esta razón, ASGECO recomenda aos proxenitores aproveitar os sistemas de control instalados por defecto nos terminais electrónicos (televisores, computadores, teléfonos móbiles, consolas, tabletas informáticas, etc.), asegurarse da correcta configuración de seguridade do seu equipo e a protección da súa rede Wi-Fi. Ademais, a asociación convida a nais e pais a familiarizárense co uso da informática e das redes sociais, “co fin de fomentar a educación, o diálogo e a concienciación dos consumidores máis novos para previr todo tipo de prácticas perigosas”. Para facer fincapé en todo isto xa se puxo a disposición dos internautas un vídeo explicativo e unha aplicación para dispositivos en varios idiomas en colaboración cos socios europeos da Confederación de Asociacións Familiares da Unión Europea, COFACE.
A xornada
Dende Chaval.es, a web do Goberno central para formar e informar en novas tecnoloxías ás novas xeracións, recórdase que o evento está organizado polo Insafe (European network of Awareness Centre) e INHOPE (International Association of the Internet Hotlines) co apoio da Comisión Europea. Co gallo da celebración deste día, coñecido como Safer Internet Day 2016, o devandito portal e Chaval.es organizan unha xornada referencial para visualizar as diferentes iniciativas que se promoven en España para garantir unha contorna dixital máis segura para os menores. O portal tamén recorda que o Día da Internet Segura ten Facebook e Twitter de seu, sitios a través dos cales é posible que nenas, nenos, adolescentes, nais, pais e profesores se sumen á convocatoria.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?