Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Iñaki Quenerapú amosará en Cee como tirar o máximo proveito das novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Iñaki Quenerapú amosará en Cee como tirar o máximo proveito das novas tecnoloxías

Redacción
Publicado: 30/08/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

quenerapu_tedxgalicia_02.jpgA Academia Acerta Formación, con sede en Cee e especializada en ensino innovador para profesionais e empresas (idiomas, apoio, novas tecnoloxías da información), vai contar os días vindeiros coa presenza dun dos comunicadores referenciais do noso ámbito tecnolóxico-dixital. Falamos de Iñaki Pérez, coñecido como Quenerapú, especialista en deseño gráfico e web, programación, formación TIC, mercadotecnia e redes sociais, a quen puidemos escoitar recentemente en TEDxGalicia (falándonos da súa experiencia argallando a través das redes sociais e das metodoloxías do crowdfounding un gran desfile de soldados imperiais ao abeiro da celebración dos trinta anos de O Imperio contraataca) ou no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (no marco de Iniciador Santiago). En Cee, Quenerapú achegará un curso para aprendermos a Tirar partido das TIC.
Como dixemos, a actividade vén da man de Acerta Formación e artellarase en formato de xornada única, desenvolvéndose o luns 5 de setembro de 16:00h a 20:00h e abordando temas como por exemplo as mellores técnicas e recursos para buscar en Google ao xeito ou como converter arquivos aos formatos máis acaídos aos nosos intereses. En definitiva, o obxectivo de Acerta Formación é contribuír a mellorar as nosas habilidades coas novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación. “Trátase dunha actividade de iniciación apta para calquera persoa que teña gañas de aprender a facer as cousas ben e rápido”, engade a academia, lembrando que a cita será nas súas instalacións en fronte mesmo do IES Agra de Raíces. Para matricularnos na actividade teremos que facelo a través do enderezo acertaformacion@gmail.com ou no 981 106 060.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?