Os cursos da Deputación organizados ao abeiro do programa InLugo e orientados a favorecer o envellecemento activo polo vieiro das TIC están a xerar unha importante demanda. Así nolo conta a entidade provincial que preside Darío Campos, sinalando que en menos de catro horas, logo de seren convocados e abertos os prazos de inscrición, rexistráronse máis de de 760 solicitudes para participar neles.
Trátase, como lembraremos, de 29 obradoiros gratuítos cos que a TIC da Deputación impulsa a alfabetización dixital dos maiores de 55 anos da nosa provincia.
A entidade provincial, dado interese rexistrado en anos anteriores por parte da cidadanía, preveu a demanda actual e incrementou en cinco cursos máis a oferta formativa para este último trimestre de 2016. Porén, achegáronse un total de 393 prazas, unha cifra que supera con moito o número de solicitudes rexistradas ata o de agora. En base a isto, a Deputación xa anunciou que estuda a opción de aumentar a cifra de accións divulgativas.
O prazo de inscrición abriuse este mércores 14 de setembro. Os interesados están a apuntarse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186.
Os cursos de InLugo para a recta final de ano baten récords de inscrición
Compartir Este Artigo

