Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Deputación e Concello de Lugo bótanse este sábado á rúa para recoller testemuños dos maiores e inmortalizalos na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Deputación e Concello de Lugo bótanse este sábado á rúa para recoller testemuños dos maiores e inmortalizalos na Rede

Redacción
Publicado: 30/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_e_concello_de_lugo_dia_dos_maiores.jpgA Deputación e Concello de Lugo veñen de anunciar a súa iniciativa conxunta para conmemorar o Día Internacional das Persoas Maiores, que se celebra este sábado 1 de outubro, con accións de balde na praza Maior. As actividades (que foron dadas a coñecer polo vicepresidente Álvaro Santos e a alcaldesa Lara Méndez) consistirán en obradoiros de fotografía e do proxecto Memoria Dixital, que desenvolve a Fundación TIC (Deputación). Segundo fixo saber Santos Ramos, un dos alicerces da celebración será insistir e afondar nas moitas vantaxes das novas tecnoloxías para fomentar o envellecemento saudable. Esta é base, por exemplo, do programa de accións formativas InLugo, da dita Fundación, do que falamos recentemente para salientar o interese xerado polas súas propostas entre a poboación. Por certo que a través do obradoiro do proxecto Memoria Dixital convidarase aos maiores a inmortalizar na Rede as súas vivencias.
Santos avanzou que “sairemos á rúa para que a sociedade coñeza a grande labor social que desenvolvemos dende a Fundación TIC”. Un traballo avalado, dixo, “pola alta demanda que hai dos cursos do InLugo, no que as prazas se esgotan en escasas horas”.
Serán dous obradoiros a desenvolver en horario de 17:00 a 19:00 horas diante da casa consistorial. Haberá un espazo no que todas as persoas interesadas poderán participar no programa Memoria Dixital Lugo, “un proxecto no que temos depositadas moitas ilusións porque entre todos lucenses estamos a crear un arquivo audiovisual de recordos sen precedentes na nosa provincia”. Neste caso, convídase a calquera persoa interesada que se achegue pola praza Maior a “contar os seus recordos”. Un equipo da TIC gravará o seu testemuño, que ficará recollido en www.memoriadixitallugo.es.
Ademais, haberá un obradoiro de fotografía para os maiores que incluirá un photocall. Segundo Santos, “os cursos e obradoiros de imaxe son, xunto aos relacionados co uso do móbil, os máis demandados polos usuarios das actividades que imparte o InLugo, tanto na súa sede en Lugo como en toda a provincia”. Tamén lembrou que a Fundación TIC desenvolverá no último trimestre deste ano 29 obradoiros ao abeiro de InLugo, cun total de 393 prazas, así como o programa Alimentatic con 15 obradoiros sobre alimentación saudable e novas tecnoloxías, que estarán distribuídos en todas as comarcas da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?