Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGATEL recibe o premio Ineo polo seu proxecto Smart LNB
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGATEL recibe o premio Ineo polo seu proxecto Smart LNB

Redacción
Publicado: 04/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

egatel_premio_ineo_noite_telecomunicacions.jpgA empresa galega EGATEL atópase entre as entidades distinguidas polo seu empuxe innovador na pasada edición da Noite Galega das Telecomunicacións (a gran dita dos enxeñeiros e das empresas do sector que chegou o venres pasado á súa edición 21 da man, unha vez máis, do Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia). O xurado dos Premios Galicia das Telecomunicacións recoñeceu, máis polo miúdo, a innovación e a excelencia dun terminal satélite interactivo de última xeración desenvolvido por EGATEL. Falamos do terminal Smart LNB, equipado cun conxunto de innovacións tecnolóxicas que permiten aumentar “de maneira considerable” a eficiencia da canle de retorno. O galardón foille concedido a EGATEL de mans da asociación Ineo. De feito, tratábase do Premio Ineo ao produto máis innovador.
Segundo informa EGATEL, o terminal en cuestión está a revolucionar o mercado das comunicacións por satélite, “abrindo a porta a unha ampla gama de servizos de TV conectada e aplicacións Machine to Machine (M2M) vía satélite a un custo moi inferior ao actual”.
Como lembraremos, a empresa emprazada en Ourense desenvolveu o Smart LNB en colaboración con Eutelsat, que é un operador referente no ámbito dos satélites e dos servizos de radiodifusión e banda larga.
O xurado dos pasados premios valorou como “determinante” a innovadora tecnoloxía implementada no dispositivo Smart LNB?, que “permite explotar de forma eficiente a largura de banda dispoñible na canle de retorno cara ao satélite”, o que “redunda nunha drástica redución do custo do servizo para o usuario final”.
Ademais, o xurado tamén salientou moi positivamente “o amplo espectro de servizos” que fornece a devandita tecnoloxía de EGATEL, uns servizos que se estenden ao mercado de consumo pero tamén a múltiples aplicacións profesionais e industriais.
O premio foi recollido por Francisco Javier Valdés, responsable de Desenvolvemento de Negocio do Departamento de I+D de EGATEL. Ao acto, celebrado no Gran Hotel da Toxa (O Grove, Pontevedra) o pasado venres 30 de setembro, tamén asistiu Javier Taibo, director xeral da compañía ourensá, e culminou coa xa tradicional foto de familia de representantes políticos e do sector industrial TIC galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?