Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense acolle este sábado o obradoiro itinerante para programar videoxogos do CPETIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense acolle este sábado o obradoiro itinerante para programar videoxogos do CPETIG

Redacción
Publicado: 05/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cpetig_scratch_ourense.jpgO Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) e a AMTEGA seguen adiante co seu obradoiro de Scratch itinerante. Desta volta será en Ourense, na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI), onde teña lugar o dito obradoiro para programar videoxogos con Scratch e será este sábado 8 de outubro. A actividade en cuestión, que será de balde, está encamiñada a 15 escolares (de 7 a 15 anos) acompañados polos seus pais ou nais. Engadir que será preciso rexistrarse en liña para acudir ao evento.
Do mesmo xeito que aconteceu en Vigo (este venres 7 e tamén da man do dito Colexio, como fixemos saber onte dende Código Cero), Ourense súmase á programación informática a través dos cursos de Scratch promovidos polo CPETIG, unha experiencia na que xa participaron en edicións anteriores 95 rapaces de Coruña e 60 de Santiago.
Indo á sesión ourensá, esta levarase a cabo de 9.30 a 14 horas nas instalacións da ESEI, está estruturada en dous niveis que se desenvolverán de xeito simultáneo: un para rapaces (acompañados de pais ou nais) e outro para docentes (profesorado non universitario, colexiados do CPETIG e do CPEIG), co obxectivo de difundir os valores da programación informática na comunidade escolar.
En total, a sesión dará acubillo a 60 participantes, entre escolares e adultos.
A participación no taller supón, tanto para docentes como para escolares, a aprendizaxe da utilización de Scratch como factor creativo e motivacional, utilizado con obxectivos didácticos. O Scratch é unha ferramenta baseada en pezas que se encaixan e que serven para construír pequenos programas que permiten iniciar ao alumnado na linguaxe de programación dun xeito doado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?