Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: BlaBlaCar xa ten 139.000 usuarios galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

BlaBlaCar xa ten 139.000 usuarios galegos

Redacción
Publicado: 06/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

blablacar-3.jpgOs responsables do servizo BlaBlaCar (a plataforma colaborativa para compartir gastos de viaxe) veñen de facer un novo informe sobre o seu “estado de saúde” na nosa terra, un reconto de cifras que complementa o publicado este mesmo ano pola mesma empresa e con semellantes obxectivos, do que dimos conta en Código Cero. Segundo se fai saber na nova investigación, a plataforma xa ten 139.000 usuarios galegos, aproximadamente 14.000 máis ca na pasada primavera. Isto guinda unha taxa de medre do 12%.
blablacar_usuarios_galicia.jpgA clave deste crecemento estivo no verán, a época do ano na que con toda probabilidade máis se viaxa. Segundo sinalan dende BlaBlaCar, ao longo dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, “galegas e galegos de todas idades puxéronse en contacto a través da rede social para compartiren os gastos dos seus desprazamentos”.
Respecto das cifras estatais, a comunidade xa está integrada por 3 millóns en usuarios en España. Nos 22 países nos que ten presenza acadou 35 millóns de membros.
Por provincias galegas, A Coruña e Ourense foron as que contaron con meirande número de usuarios, seguidas de Lugo e Pontevedra. Segundo indican os impulsores deste servizo, “todas elas experimentación crecementos salientables ao longo do último ano, con aumentos de entre o 20% e o 40% no seu número de usuarios”.
Con respecto á propia comunidade, as rutas máis habituais en 2016 foron A Coruña-Ferrol, Pontevedra-Vigo e A Coruña-Santiago. A nivel estatal, o traxecto máis habitual foi, por sexto ano consecutivo, Madrid-Valencia. “A capital, como centro xeográfico da península, é orixe e destino de gran parte das rutas máis habituais”, explican.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?