Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Scio IT achega unha innovadora plataforma para simplificar a xestión de inmóbeis: GEMA FM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Scio IT achega unha innovadora plataforma para simplificar a xestión de inmóbeis: GEMA FM

Redacción
Publicado: 10/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gema-thumb.jpgA empresa tecnolóxica galega Scio IT (SCIO Innovation Technologies) achega dende hai máis dunha década (dende A Coruña) importantes desenvolvementos e solucións baseadas nas máis avanzadas tecnoloxías da información. Sen ir máis lonxe, é unha das impulsoras dunha iniciativa da que falamos recentemente en Código Cero, o proxecto Smarnet, que se dirixe a modernizar ao máximo a nosa pesca, engadindo de xeito natural metodoloxías smart e dando forma a unha plataforma de servizos orientada ás actividades produtivas do noso litoral. Entre o amplo catálogo de tecnoloxías e servizos de Scio IT atópase tamén a ferramenta GEMA Facility Management, encamiñada a simplificar a xestión e o mantemento de inmóbeis (permitindo aforros importantes de tempo e diñeiro e apostando por facelo de maneira “sinxela e intuitiva”). A plataforma, nun plano máis detallado, contribúe a normalizar os procesos e comunicacións e garante a calidade dos servizos inmobiliarios prestados.
Entre as vantaxes de empregar GEMA FM atópanse as seguintes: é accesible (permitindo obter todo o rendemento de seu dende calquera emprazamento), é multiplataforma (é posible empregar GEMA FM a través de calquera dispositivo, dende PC a dispositivos intelixentes pasando por tabletas), é adaptable e evolucionable (a plataforma está deseñada de maneira modular, permitindo que cada módulo traballe de maneira independente e relacionada), é sinxelo (en palabras de Scio IT “pon as máis modernas tecnolóxicas ao servizo da sinxeleza e da produtividade”) e é seguro (cada usuario só accede á información relativa ao seu perfil e función). Ademais, salienta por ter ás súas costas un servizo de atención personalizada, técnico, con amplitude de horarios e sen tempos de espera.
silder01.jpgSegundo informa Scio IT, GEMA permite detectar e cubrir novas necesidades de servizos, adaptando a contorna de traballo á nova situación e incrementando ao mesmo tempo a satisfacción dos empregados da organización, que son agora tratados como clientes internos. Ademais, engade a empresa, “resulta decisivo sobre o que é o segundo apartado de custos das empresas, polo que a súa implantación non só mellora a xestión, senón que xera aforros que poden alcanzar máis dun 20%”.
A finalidade de GEMA, conclúe Scio IT, “é achegar unhas funcionalidades que ofrezan un servizo axeitado e satisfactorio aos usuarios, e á vez proporcionar un significativo aforro de tempo e diñeiro ás organizacións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?