Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Everis amosará a súa actividade perante os estudantes da FIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Everis amosará a súa actividade perante os estudantes da FIC

Redacción
Publicado: 05/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

fic_coruna_entrada-3.jpgO vindeiro 13 de decembro as dependencias na Coruña da compañía Everis abren as súas portas aos estudantes de licenciatura e máster da Facultade de Informática da Coruña (FIC). No transcurso da visita, as mozas e mozos participantes na mesma poderán coñecer polo miúdo os proxectos que ten en activo a devandita consultora española de novas tecnoloxías, amais das experiencias concretas dos ex-alumnos da FIC que desenvolven o seu labor profesional na dita compañía.
A actividade incluirá unha charla informal con estes ex-alumnos (Alejandro Segade, Laura Montes e David Vellé) na que os estudantes poderán transmitirlles todas as súas dúbidas e inquedanzas sobre Everis, sobre o mundo da consultora tecnolóxica ou sobre o futuro profesional que se lles ofrece. A cita será nas oficinas de Everis no número 36 da rúa Enrique Mariñas.
A visita a Everis, empresa da que falamos recentemente para salientar o potencial do seu traballo con Gradiant en materia de eSaúde (a través do centro eJKC de Santiago, dende o que se impulsan tecnoloxías avanzadas de atención médica personalizada), terá con toda seguridade unha especial relevancia para os estudantes participantes, entre outras cousas pola importante actividade actual de Everis en materia de contratación: recentemente anunciou que vai contratar ao longo de 2017 uns 30 novos profesionais para a súa sede da Coruña, o 80% dos cales serán licenciadas/os en Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). A porcentaxe restante corresponderá a profesionais “con experiencia especializadas/os en tecnoloxías máis innovadoras”. A día de hoxe, Everis acubilla nas súas instalacións da Coruña unha equipa de máis de dous centenares de consultores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?