Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xesol cotizará nun mercado londiniense a finais de ano
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xesol cotizará nun mercado londiniense a finais de ano

Redacción
Publicado: 30/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xesol.jpgXesol Innovation, firma con sede na Tecnópole da que falamos recentemente para salientar as súas tecnoloxías para a condución ultra-segura e smart, prepara a súa saída ao mercado de valores londiniense ISDX (ICAP Securities & Derivatives Exchange) para finais de ano. E farao contando coa colaboración da firma taxadora Gesvalt, que desenvolverá a valoración das participacións que compoñen o capital social de Xesol, unha das nosas start-ups de meirande potencial de proxección, tanto a nivel estatal como internacional. Segundo salientan fontes da Tecnópole, estamos a falar dunha empresa cuxa marxe de actividade pode ter unha amplitude ben significativa: máis de 1.000 millóns de vehículos arestora están en circulación (os fabricados logo do 2000, que serían os “compatibles” coa tecnoloxía de Xesol).
Segundo fai saber o director executivo da firma, o traballo feito por Gesvalt xa permitiu a taxación do potencial inmerso no intanxible dos desenvolvementos acometidos pola empresa, que tamén ten sedes en Vigo e Madrid (amais de contar con dúas ducias de traballadores, na súa meirande parte enxeñeiras/os e 60 accionistas).
Como recordaremos, a galega Xesol foi quen de dar forma a un asistente de condución intelixente (ADAS) que salienta por riba doutros recursos análogos por ser o que achega máis ángulos de visión aumentada da contorna do automóbil. Fornece, ademais, unha ampla marxe de precisión e goza de todas as vantaxes da visión artificial (en troques de infravermellos e radares), integrando tres cámaras con esta tecnoloxía. Salienta non só polo marxe de seguridade posta en xogo para os pasaxeiros, senón tamén polos elementos de “tranquilidade” que subministra a quen está fóra do coche. Sexan peóns, ciclistas ou ocupantes de vehículos estacionados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?