Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ABANCA Innova by Conector selecciona 4 startups para a súa primeira edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ABANCA Innova by Conector selecciona 4 startups para a súa primeira edición

Redacción
Publicado: 22/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20170621-abanca-innova-1f217bb7.jpgO programa de aceleración de ABANCA Innova by Conector, impulsado por ABANCA Innova, o programa de innovación de ABANCA, e Conector Startup Accelerator, a aceleradora de startups especializada en fase semente, arrincou coa participación de catro proxectos vinculados aos servizos financeiros tras unha fase de selección con máis de 30 aspirantes galegos.
Dos máis de 30 emprendedores galegos candidatos, 21 superaron o primeiro filtro e 13 presentaron o seu proxecto no Startup Day, un evento privado onde os mentores do programa de aceleración de ABANCA Innova by Conector votaron para elixir os que entrarían no programa. Finalmente, a catro startups seleccionadas para participar na primeira edición do programa de aceleración ABANCA Innova by Conector son as seguintes:
– Livetonic: asesor patrimonial que axuda ao usuario a detectar as súas necesidades de cobertura privadas, comparar e contratar en liña.
– OpSeeker: axuda a mellorar a saúde financeira e a investir dunha maneira intelixente e pensando no futuro.
– Tickele: app que permite desmaterializar os recibos. Almacena todos os recibos, paga e controla os gastos do usuario.
– TrocoBuy: servizo de crédito para PEME que permite a súa devolución a través das vendas de produtos ou servizos.
O catro proxectos xa empezaron o programa de aceleración, que durará cinco meses. Baixo o asesoramento diario do director de Conector Galicia, Lalo García, e co soporte corporativo de ABANCA, os emprendedores beneficiaranse das axudas das empresas colaboradoras da aceleradora, terán acceso á rede de networking de Conector e recibirán pílulas de formación en distintas áreas. Ademais, as startups aceleradas obterán ata 20.000 euros a través dun préstamo participativo grazas ABANCA e dispoñen dun espazo de traballo gratuíto nas instalacións de ABANCA Innova.
Cada startup conta co seu propio equipo de mentores, un grupo de conselleiros formado por mentores de Conector e directivos de ABANCA que acompañarán aos emprendedores durante todo o programa de aceleración. Entre os novos mentores galegos figuran José Manuel Valiño, director xeral de IT, Información, Procesos e Operacións de ABANCA, Eduardo Aldao, director de Innovación de ABANCA, Javier Carral, director de Participadas de ABANCA, Luis Del Pozo, ex CMO de Jazztel, Rubén Ferreiro, CEO de Grupo Viko e Pedro González, director xeral de Zelnova, entre outros.
Para concluír o Programa de Aceleración de ABANCA Innova by Conector celebrarase a Demo Day, un foro de investimento privado coa presenza dos emprendedores, VC e business angels máis importantes do país.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?