Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC impulsou o debate arredor dos modelos de xestión de centros de I+D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC impulsou o debate arredor dos modelos de xestión de centros de I+D

Redacción
Publicado: 05/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornadas_citic_xestion.jpgO Centro de Investigación TIC (CITIC) participou o pasado mes de xuño en varios eventos de gran relevancia. Un deles foi o congreso internacional IWFOS do que falamos onte en Código Cero, e outro as Xornadas sobre Organización e Xestión de Centros de Investigación de Universidades e Institucións Públicas, organizadas polo devandito centro da Universidade da Coruña xunto coa propia UDC e a Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, contándose coa colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo. O obxectivo foi reforzar o papel dos centros de investigación como “entes áxiles e eficaces que relacionan os campus e os sectores produtivos”.
Cal é o panorama organizativo actual dos centros de investigación dependentes das universidades? Que forma xurídica é a máis axeitada? Como condiciona a normativa dos fondos públicos a súa xestión dende a perspectiva destes centros? Que papel xogan as EBT ou as spin-offs na súa estratexia de comercialización?
Estas son algunhas das cuestións que saíron á luz grazas á metodoloxía do evento, que contaba con tres mesas redondas das seguintes temáticas: Modelos actuais de organización e xestión de centros de investigación no ámbito universitario, Implicacións da forma xurídica nas organizacións e nos modelos de xestión dos centros de investigación e Gobernación do I+D+i e da valoración dos resultados dos centros de investigación, xunto con grupos de traballo relacionados encargados da elaboración do documento de conclusións e recomendacións.
O evento contou coa participación de José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, e Salvador Naya, vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC, na apertura do 15 de xuño e con Julio E. Abalde, reitor da UDC, e Faustino Infante, do Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no peche do día 16.
Tamén participaron os nosos cinco centros singulares de investigación (CiQUS e CiMUS da USC, CINBIO e ECIMAT da UVigo, e CITIC da UDC) e as dúas agrupacións estratéxicas consolidadas (CiTIUS da USC e AtlantTIC da UVigo) do Sistema Universitario Galego. Asemade, contouse con representación da agrupación estratéxica CICA da UDC, do CSIC e de centros de investigación estatais, como o centro de excelencia Severo Ochoa, e internacionais, como o INESC-TEC de Portugal.
Por todo iso, tanto o persoal directivo e de xestión de centros de investigación como o das unidades de xestión de I+D e de valoración e transferencia das universidades eloxiaron estas xornadas e as súas conclusións, esperando unha vindeira edición.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?