Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra rematou o proceso de implantación da eAdministración en 54 concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra rematou o proceso de implantación da eAdministración en 54 concellos

Redacción
Publicado: 05/12/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_pontevedra_administracion_electronica.jpgA Deputación de Pontevedra vén de tomarlle o pulso ao seu proxecto para estender a Administración Electrónica nos concellos da provincia, unha iniciativa da que falamos hai un ano en Código Cero con motivo da súa presentación. Agora, o exame e os principais resultados do mesmo foron dados a coñecer pola presidenta da entidade, Carmela Silva, quen salientou o remate do proceso de implantación en 54 concellos, que coinciden precisamente co número de administracións locais que solicitaran adherirse ao programa. Arestora, indicou, a Deputación está mergullada na integración e posta en marcha deste servizo nas entidades locais menores. Segundo engadiu, a orixe desta iniciativa está na necesidade de contribuír a que os concellos desen total cumprimento á Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Como resultado destes traballos, as 54 administracións locais da provincia xa poden prestar servizos a través da plataforma electrónica, facilitando os trámites a moitas cidadás e cidadáns. Durante este proceso de implantación, tal e como informou a presidenta provincial, a institución achegou formación a preto de 2.200 empregadas e empregados públicos e a preto de 725 cargos públicos.
Respecto dos traballos que se van desenvolver nas entidades menores, Silva fixo saber que en Chenlo, O Porriño, xa se implantou o servizo e en breve se iniciará en Bembrive (Vigo) e Camposancos (A Guarda). Nas cinco entidades locais menores restantes da provincia de Pontevedra (Arcos da Condesa, en Caldas de Reis; Morgadáns, en Gondomar; Pazos de Reis, en Tui e Queimadelos e Vilasobroso en Mondariz) iniciarase o proceso de Administración Electrónica en función da demanda.
En total, a Deputación de Pontevedra está a investir neste proxecto 800.000 euros, un orzamento e uns obxectivos que, segundo explicou Silva, convértena en pioneira a nivel galego, “ao ser a primeira e única administración en habilitar un proxecto e recursos para axudar aos concellos e entidades menores a facer fronte á Lei 39/2015 e abordar con éxito a súa transformación dixital”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?