Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aberta a licitación do proxecto de administración smart de Santiago e Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aberta a licitación do proxecto de administración smart de Santiago e Coruña

Redacción
Publicado: 26/12/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_coruna_plataforma_electronica_xuntanza.jpgproxecto smart de Administración Electrónica no que participan de maneira conxunta Santiago e Coruña, amais de Madrid e Zaragoza, vén de rematar o ano cun novo impulso á súa materialización definitiva. Trátase de apertura, por parte da entidade pública estatal Red.es, do procedemento de licitación para o desenvolvemento dos traballos que darán forma á iniciativa, a Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable impulsada por Santiago, Coruña, Madrid e Zaragoza. Este proxecto, como lembraremos, foi un dos beneficiarios da II Convocatoria de Cidades Intelixentes da Axenda Dixital para España, xunto coa proposta de Lugo para converterse en cidade smart. A plataforma de Santiago e Coruña, segundo lembran os dous concellos, suporá un investimento de máis de dous millóns de euros (o 60% da man do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, a través de Red.es; e o 40 por cento restante será achegado polas catro administracións locais).
A Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable ten como principal obxectivo a materialización e impulso da administración smart, dixital, transparente e sustentable, nas cidades participantes. Segundo sinala o Concello de Santiago, a primeira liña de actuación do proxecto está relacionada cos datos abertos e prevé a creación e despregamento de infraestrutura tecnolóxica, coa adaptación de bases de datos, procesos de carga e indexación e APIs.
A segunda liña prioritaria será a da participación, e ao seu abeiro inclúense actuacións que atinxen ao deseño de procesos de participación, xeración e implantación de software de xestión de propostas, ou software de votación. Por último, a plataforma inclúe un bloque orientado á transparencia, no que se prevé a creación de portais de transparencia enlazados con datos abertos.
A Plataforma xorde directamente do convenio feito polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o coordinador xeral de Alcaldía do Concello de Madrid, Luís Cueto; a segunda tenente de alcalde do Concello de Zaragoza, Elena Giner; a concelleira de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña, Claudia Delso e o director xeral de Red.es, José Manuel Leceta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?