Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia achega tecnoloxía smart para garantir a máxima seguridade no mar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia achega tecnoloxía smart para garantir a máxima seguridade no mar

Redacción
Publicado: 27/12/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

proxecto_polarys.jpgAs empresas galegas Bastet, Insitu, Scio e EGATEL están a rematar o ano (o ano do 25 aniversario de EGATEL) cunha ampla repercusión das súas tecnoloxías a nivel internacional. E fano a través do Proxecto Polarys, no que participan xunto ao Grupo Cellnex (líder do proxecto) e os centros tecnolóxicos Gradiant e Cinae, co obxectivo conxunto de responder con tecnoloxías intelixentes ao desafío de mellorar e optimizar o seguimento e identificación de buques en alta mar, con vistas a facer máis efectivas e eficaces as accións de emerxencia, apoio, control ou rescate. Máis en detalle, do que se trataría é de mellorar a circulación marítima, especialmente en áreas de moita presenza de buques ou con atrancos de cobertura, ampliando as posibilidades da identificación AIS (Automatic Identification System) que carrexa cada buque e que recolle datos como o seu nome, o rumbo, o destino, a derrota ou a velocidade.
En circunstancias normais, este sistema permite aos axentes de terra e ao restante fluxo marítimo ter información real e actualizada sobre cada embarcación dunha contorna. Porén, en certas situacións (mal tempo, exceso de tráfico marítimo) o sistema non achega a operatividade desexada. Para solucionalo xorde precisamente o Proxecto Polarys, unha iniciativa de gran relevancia e significado por ser a nosa costa un ámbito de risco, por múltiples factores, tal e como demostra o elevado número de naufraxios que se teñen rexistrado en diferentes épocas, incluída a época máis recente. Segundo informan os responsables de Polarys, non é casual a presenza galega neste consorcio, “que está relacionada, por unha banda, cos estreitos vencellos da nosa terra co mar e, pola outra, coa presenza de importantes compañías que resultan óptimas para o desenvolvemento de todos os campos do proxecto”.
Respecto das achegas de cada quen, a de Cellnex ten que ver cos servizos avanzados de telefonía, datos e radiodifusión. EGATEL, pola súa banda, participa no proxecto desenvolvendo e deseñando o equipamento de transmisión e recepción (grazas á súa longa experiencia en materia de equipamento avanzado para a TV e para a comunicación vía satélite). A coruñesa Scio achega a súa bagaxe en enxeñería TIC e en innovación no desenvolvemento de solucións para a seguridade marítima, tal e como ten demostrado en iniciativas tan salientables como Smarnet, dirixida a fomentar e impulsar a pesca intelixente. Polo que respecta a Bastet e Insitu, con sede en Vigo, teñen unha importante traxectoria en vídeo vixilancia e en tecnoloxía de escáner láser, respectivamente. A concorrencia de Gradiant e Cinae, pola súa banda, está relacionada para fornecer ao proxecto de “asistencia técnica de alto nivel e validación da información xerada”.
Polarys, máis polo miúdo, centra boa parte dos seus esforzos en sacarlle rendemento ao sistema estándar VDES (VHF Data Exchange System), que serve, dentro da frecuencia VHF, para intercambiar información dixital de maneira inmediata. En detalle, ao abeiro de Polarys desenvolverase un transceptor baseado no devandito novo estándar VDES, un sistema con gran potencial de uso que promete mellorar as prestacións do seu antecesor para as comunicacións marítimas, o sistema AIS do que falamos anteriormente, ceibándoo a maiores da sobrecarga á que decote é sometido (tanto que chega a superar a súa capacidade, en certas zonas, nun 80%). Segundo indican os responsables de Polarys, VDES postúlase “como o futuro das comunicacións marítimas, dando a posibilidade de novas oportunidades de innovación e mercado nos próximos anos”. Entre as súas principais características inclúense as seguintes:
-É compatible con AIS e permite a integración coa rede actual.
-Rango de cobertura amplo con respecto a AIS.
-Aumento na seguridade.
-Maior taxa de transferencia.
-Liberación da carga VDL (VHF Data Link).
-Soporte a novas aplicacións.
Entre as aplicacións posibles, os responsables do proxecto salientan tamén a posibilidade de achegar sinalización automática con balizas virtuais, cartas de navegación en 3D e soporte a servizos integrais de seguridade a bordo. Destaca tamén polo seu alto nivel de seguridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?