Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O COETG encara o novo ano con formación en ciberseguridade e evidencias dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O COETG encara o novo ano con formación en ciberseguridade e evidencias dixitais

Redacción
Publicado: 28/12/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

seguridade-9.jpgO Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) presentou os días pasados o programa formativo para o arranque deste ano 2018 que está a piques de comezar, un programa que fai fincapé nas temáticas prioritarias para a nova andaina da entidade (tal e como nolas recordou nunha entrevista recente Julio Sánchez Agrelo, decano do COETG e presidente da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, AETG). En termos concretos, a ciberseguridade e as evidencias dixitais serán as temáticas dos cursos que comezan en xaneiro de 2018, ambos o día 22.
Trátase de dous obradoiros con formato en liña, Introdución á Ciberseguridade e Adquisición, análise e presentación de evidencias dixitais, ámbolos organizados polo colexio e os dous co prazo de inscrición aberto. O primeiro abordará os antecedentes e as diversas iniciativas internacionais a nivel de normativa e regulamento. Estudará os procesos de análise de riscos de seguridade dunha organización e realizará unha introdución na aprendizaxe de técnicas de detección de ataques cibernéticos e actividades maliciosas, prevención, recuperación e mitigación de ciberataques, avaliación do risco, probas de penetración e análise de malware.
O curso sobre Evidencias Dixitais diríxese á formación de expertos en Informática Forense co fin de que teñan a capacidade e o adestramento preciso para detectar, anticiparse e reaccionar ante os incidentes de seguridade que sofren acotío milleiros de empresas e usuarios.
Para máis información sobre estas actividades, que proseguirán este mes de xaneiro cunha nova xeira formativa sobre Hacking ético e técnicas de hacking avanzadas sobre Windows (a partir do día 29), cómpre visitar a páxina web do COIT sobre as actividades formativas dos colexios de Telecomunicación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?