Ás 15:38 horas botou a andar a poxa pola primeira SMS do mundo en formato NFT e, tras 38 minutos, pechouse a venda en 107.000 euros, cantidade que Vodafone doará á Axencia da ONU para os Refuxiados (ACNUR).
O director xeral de Vodafone España, Coman Deegan, manifestou a súa satisfacción porque «a primeira SMS do mundo é xa un NFT a beneficio das persoas máis necesitadas», mentres que dende ACNUR salientaron que «esta doazón permitirá protexer vidas e apoiará ás persoas necesitadas en todo o mundo, durante a tempada de Nadal e más aló».
Pagan 107.000 euros pola primeira SMS da historia en NFT
Compartir Este Artigo
