Levamos uns anos un tanto revoltos economicamente, que fixeron que xigantes como Amazon tivesen que mudar as datas dos seus días de rebaixas, e aínda que o Prime Day de 2022 xa tivo lugar no verán, agora sorprenden anunciando que en outubro teremos outra celebración semellante, que para non queimar a marca anterior responderá ao nome de Ofertas exclusivas Prime.
Este novo período de rebaixas de Amazon botará a andar na medianoite do 10 ao 11 de outubro e durará ata o 12 de outubro en 12 países entre os que figura España, ofrecendo aos subscritores de Amazon Prime ofertas en produtos básicos, de electrónica de consumo, de moda… e moi especialmente en dispositivos producidos pola propia Amazon.
Este tipo de ofertas buscan claramente atraer a novos subscritores a Prime, pero tamén potenciar as vendas, especialmente dos produtos propios, dando a entender que estamos ante un ano moi complicado para o comercio electrónico, xa que Amazon ten que repetir unha xogada destinada a realizarse só unha vez ao ano. Nesta ocasión Amazon seguiría os pasos de moitos outros establecementos comerciais que queren instar ao consumo no mes de outubro, loitando contra a tendencia dos consumidores de adiar as compras ao Black Friday que celébrase a finais de novembro.
Amazon repite a fórmula do Prime Day
Compartir Este Artigo
