Tradicionalmente Instagram pretende que os seus usuarios queden encerrados na súa aplicación, reducindo ao máximo a posibilidade de que publiquen ligazóns que poidan levalos fóra, limitando a publicacións de ligazóns basicamente a unha na biografía dos usuarios, o que provocou unha narrativa moi curiosa por parte dos creadores de contido nos que instan aos seareiros a visitar a súa biografía para atopar a ligazón do tema do que están a falar, o que tanto pode ser unha ligazón simple ou a un servizo como Linktree, que presenta varias ligazóns, pero iso va mudar, xa que veñen de incorporar a posibilidade de publicar ata 5 ligazóns na biografía, facendo que Linktree e servizos semellantes pasen a ser prescindibles.
Deste xeito as biografías dos perfís aparecen practicamente igual que antes, amosándose directamente só a primeira ligazón, indicándose mediante texto que hai máis ligazóns, que poderemos ver se prememos sobre o texto. Este cambio de política de Instagram facilita que os creadores de contido poidan facilitar o acceso á súa páxina web, á súa canle de YouTube, á súa páxina de Facebook ou incluso a algunha campaña na que estean a participar, sen que supoña un grande sacrificio.
Instagram permite publicar ata 5 ligazóns nas biografías dos usuarios
Compartir Este Artigo
