De cara ao verán Vodafone anuncia que pode achegar fibra de alta velocidade ás segundas residencias a través do servizo Vodafone Fibra Segundas Residencias que inclúe conexións a 300 Mbps por 20 euros/mes para clientes con plans Vodafone One, Vodafone Hogar Ilimitable e Vodafone Hogar 5G, o que supón un aforro do 40%. Esta tarifa poderase contratar a partir do vindeiro xoves.
Para gozar deste servizo fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles estatais será precisa a instalación de fibra no domicilio, o que non terá custo para clientes que adquiran un compromiso de permanencia de 12 meses (en caso contrario custará 150 euros prorrateables).
Cómpre salientar que os usuarios que prefiran unha maior flexibilidade poden contratar o actual servizo de Internet Segundas Residencias Flexible, baseado en routers 4G/5G (fixos ou móbiles), o que permite que o cliente pague só polo tempo que precise este tipo de conexión.
Vodafone prepara un servizo de fibra para segundas residencias
Compartir Este Artigo
