Meta anuncia hoxe un novo xeito de manter as túas conversas de WhatsApp en privado e seguras co bloqueo de chats, función que engade unha capa de seguridade adicional ás conversas que desexemos, de xeito que para acceder ás mesmas será preciso utilizar o noso contrasinal ou as nosas impresións dixitais, de xeito que unha persoa que teña acceso ao noso móbil desbloqueado só terá acceso ás conversas de WhatsApp que teñamos desbloqueadas.
O bloqueo de chats tamén oculta os contidos nas notificacións sobre as conversas afectadas, permitindo así que unha persoa que colla o noso dispositivo móbil non poida saber de mensaxes ás que non debería ter acceso.
As conversas bloqueadas desaparecen da vista principal dos chats de WhatsApp e quedan agrupadas nunha categoría de chats bloqueados.
Cómpre destacar que esta funcionalidade é preciso aplicala dispositivo a dispositivo, ou sexa, que se temos o WhatsApp vinculado en varios dispositivos, as conversas que bloqueemos nun terminal non están bloqueadas no resto agás que o fagamos así manualmente (aínda que están a traballar para que iso non sexa preciso). Tamén están a preparar a opción de que o contrasinal para desbloquear unha conversas poida ser diferente do que permite desbloquear o móbil.
WhatsApp permite agochar chats de miradas alleas
Compartir Este Artigo
