A facturación dos operadores de telecomunicacións que aplican descontos e acumulan numerosos servizos poden ser todo un pesadelo para os consumidores, resultando complicado entender porque un mes teñen que pagar moito máis que outro, e para mitigar a situación Vodafone vén de actualizar a súa aplicación móbil para que os usuarios poidan ver rapidamente as súas facturas e consultar as posibles modificacións con respecto a meses anteriores por mor da contratación de novos servizos, a finalización de períodos promocionais, as chamadas a números de tarificación especial…
Deste xeito, o usuario poderá detectar variacións na facturación dun xeito doado, e incluso solicitar a revisión en caso de discrepancia, directamente dende a aplicación, evitando así ter que chamar por teléfono ao servizo de atención ao cliente ou achegarse a un punto de atención presencial.
A app de Mi Vodafone permite revisar cambios na facturación
Compartir Este Artigo
