Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aquí Tamén Se Fala celebrou cun festival os seus logros lingüísticos presenciais e dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aquí Tamén Se Fala celebrou cun festival os seus logros lingüísticos presenciais e dixitais

S. P.
Publicado: 07/06/2024
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

aqui_tamen_se_fala_3.jpgEste venres celebrouse o Festival Aquí Tamén Se Fala, impulsado polo Instituto IES Rafael Dieste para promover o uso do galego. Trátase dunha cita que pon o peche no curso 2023/24 á campaña de dinamización do galego feita polo centro co apoio da Xunta de Galicia, unha campaña da que falamos en Código Cero con motivo da súa marcada vertente dixital, xa que entre as súas facianas visibles atópase a web aquitamensefala.com e unha serie de vídeos subidos ás redes sociais nos que importantes persoeiros da cultura e doutros ámbitos expresan o seu apoio á nosa lingua. Por exemplo Viggo Mortensen, James Rhodes ou Tanxugueiras.
aqui_tamen_se_fala_1.jpgEntre os asistentes ao festival atopábanse o conselleiro de Cultura, José López Campos, o secretario xeral de Lingua, Valentín García, ou a deputada de Lingua da Deputación da Coruña, Soledad Agra. O conselleiro agradeceu a implicación da comunidade educativa para “comerciar co uso da lingua”, pois é esta unha iniciativa que demostra como as entidades comerciais”. E engadiu: “O galego é unha das maiores riquezas que temos como pobo que debemos coidar, preservar e reforzar, este é un deber compartido no que precisamos da colaboración de todos os sectores”. Neste senso, López Campos felicitou a todas as persoas que forman parte desta iniciativa de dinamización lingüística e celebrou a boa acollida que tivo ao conseguir a implicación de 200 centros educativos e 50.000 locais comerciais de toda a Comunidade.
O proxecto de dinamización lingüística Aquí Tamén Se Fala recompila diversas propostas, todas elas enfocadas no uso do galego e que contaron coa participación de referentes culturais diversos e recoñecidos como Viggo Mortensen, James Rhodes ou Tanxugueiras. Entre as iniciativas impulsadas atópase a creación de contido nas redes sociais, acordos con equipos de fútbol profesional ou a programación de obradoiros con profesionais do sector audiovisual e musical.
Como colofón, o instituto programou para este venres un festival que pon o peche final a esta campaña e que contou coa participación de artistas do panorama musical galego como Leria, Lontreira, Boyanka Kostova ou Grande Amore.
Gran repercusión nas redes sociais

O festival de peche de curso de Aquí tamén se fala, proxecto recoñecido na convocatoria
O festival de peche de curso de Aquí tamén se fala, proxecto recoñecido na convocatoria
Aquí Tamén Se Fala (Galego) é unha campaña de dinamización lingüística da mocidade estudantil, con accións directas nos barrios e na contorna inmediata de cada alumno. Trátase dun proxecto que comezou no IES Rafael Dieste da cidade da Coruña e que agora esténdese por centros de todo o país, con gran repercusión nas redes sociais, nas que se achegan pezas musicais, anacos de cultura galega, gravacións, fotografías de establecementos galego-friendly (bares, salóns de beleza, librarías, tendas de moda, academias, institucións, talleres mecánicos, froitarías, gabinetes de psicoloxía, florerías) e entrevistas con persoas anónimas ou coñecidas. “Queremos rachar cos prexuízos que pretenden dar unha imaxe distorsionada dunha suposta Galiza que non fala galego”, sinalan os impulsores da iniciativa, que converten a todas as persoas e entidades que participan en “técnicos/as de normalización lingüística”.
No curso actual a campaña conseguiu espallarse por 200 centros por toda a xeografía galega. Salienta por presentar a lingua en positivo e converte as persoas destinatarias en axentes implicadas no proceso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?