350.000 persoas viron na Rede o último vídeo do PSOE

xoves, 30 de novembro do 2006 Marcus Fernández

A guerra dos vídeos fai que os partidos políticos españois trasladen a súa dialéctica habitual ó soporte audiovisual, chamando a atención do público, que aparte de ver as imaxes nos programas informativos da televisión, tamén acoden á Rede para consultar os contidos íntegros, e así estiman que o novo vídeo do PSOE, La otra tregua: cómo actuó el PP cuando estaba en el Gobierno, foi visto por máis de 350.000 persoas (75.000 dende a televisión do partido na Internet).
O éxito do vídeo fixo que o PSOE preparase unha versión en inglés para facer máis doada a súa visualización por parte dos parlamentarios europeos e o resto do público internacional.